Tuesday 23 de April de 2024

O GES de Brión asiste nun accidente dunha furgoneta de reparto en Loureiros (Ames)


O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión acudiu esta tarde a unha chamada de alerta por un accidente de tráfico no lugar de Loureiros, parroquia de Cobas (Ames). O accidente, que non causou feridos, rematou cunha furgoneta de reparto volcada no carril contrario de circulación. Os técnicos do GES Brionés sinalizaron a zona e desviaron o tráfico mentres chegaba a grúa que se encargou de retirar o vehículo accidentado.
Unha vez retirada a furgoneta, procedeuse á limpeza da calzada.